Visto en Inestable GNU Ordes.

Dende Inestable estamos moi orgullosos de comunicarvos que imos levar a cabo o noso primeiro certame de fotografía Creative Commons, o cal se chamará Freelens e irá da man co festival de curtametraxes Cinestable, ata o punto que os premios de Freelens serán entregados na gala que se realizará o día 5 de agosto de 2011.
Ademáis, durante o mes de setembro, realizarase no museo do centro comarcal unha exposición con todas as fotografías que se presenten ó certame (ou unha selección se non houbera espacio suficiente).
En resumo:
- Entrega de obras ata o 29 de xullo ás 23:59h por correo ordinario ou na dirección freelens@inestable.org.
- Categorías
- Xeral: Entre todas as fotografías presentadas ó certame, escollerase a mellor e recibirá un premio de 300€.
- Retrato: Fotografías que teñan como temática principal unha persoa ou grupo de persoas. Premiarase o mellor con 100€.
- Natureza: Entre as fotografías que teñan como tema principal a natureza, escollerase a mellor e recibiá un premio de 100€.
- Fastlens: O venres 22 de xullo propoñerase unha tematica sobre a cal se deben basar as fotografias, tendo de plazo para presentalas ata o martes 26 de xullo ás 23:59h da noite. A mellor será premiada con 100€.
Podedes atopar as bases e máis información na web do certame: http://inestable.org/freelens
Ponte en contacto connosco: freelens@inestable.org

30/06/11 at 3:37 pm
Quizás a algún alumno de fotografía o imagen le interese
Voy a imprimirlo y colgarlo en los corchos de la escuela
30/06/11 at 9:20 pm
La verdad es que los chavales estos de Ordes se lo curran, y mucho. ^^